Contactar: +34 986 66 72 12info@srubios.com

Sobre Nos

A Nosa Bodega

A nosa bodega naceu dunha antiga idea que roldaba a varios veciños da zona que buscaban a maneira de poñer en valor e promocionar os xa coñecidos viños tintos de Rubiós.

Así, a finais do ano 2003, os primeiros socios sentaron as bases desta idea e fundaron Señorío de Rubiós, que actualmente xa posúe máis de 100 socios que traballan para situar o viño de Rubiós no lugar que sempre lle correspondeu, por tradición, por castes e pola calidade dos seus viños.

Señorío de Rubiós é unha bodega diferente dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas xa que aposta pola elaboración con variedades tintas autóctonas sen por iso deixar de mimar a elaboración de viños brancos.

Que a bodega se atope localizada na Subzona do Condado do Tea marca fortemente a súa filosofía. E por iso, o noso principal obxectivo é recuperar e manter o valioso legado vitivinícola existente dende sempre nesta zona.

Por este motivo, xa dende o inicio se fixo unha clara aposta por variedades tintas autóctonas como sousón ou pedral e tamén polas brancas presentes dende sempre no Condado, tales como albariño, treixadura ou loureira branca. Porén, co paso dos anos, a bodega tampouco renuncia a novas elaboracións e novos viños entre os que destacan os espumosos e os rosados.

Atención cliente !
+34 986 66 72 12

 Email

Bouza do Rato, s/n, Rubiós

36449 As Neves

 Dirección

“SEÑORIO DE RUBIOS, SL ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es conseguir un tejido empresarial más competitivo y gracias al que ha asistido a la MISIÓN COMERCIAL A MÉXICO  para fomentar su internacionalización. Esta acción se ha desarrollado en junio  de 2022. Para ello ha contado con el apoyo del Programa Internacional de Promoción (PIP) de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Una manera de hacer Europa”

Srubios © 2018  All rights reserved. Terms of use and Privacy Policy