As nosas viñas están situadas no sur de Pontevedra, na Subzona de O Condado do Tea, unha das que conforman a Denominación de Orixe. Rías Baixas. Toma o seu nome do Río Tea, un afluente do principal río de Galicia, o Miño. Localizada nunha zona montañosa, é a segunda subzona da D. O. en tamaño.
Os chans desta zona acostuman ser franco-areosos, procedentes da descomposición do granito, e nas áreas próximas aos ríos é común atopar pequenos cantos rodados.
Neste enclave, os nosos viñedos son maioritariamente pequenas parcelas, algunhas de non máis de 100 m2. Aquí se atopan a nosas cepas máis antigas, algunhas centenarias e onde a maior parte do traballo se fai de xeito manual. Contamos así co apoio de pequenos viticultores cuxo labor é moi importante para realizar un traballo racional e respectuoso co medio.
Doutra banda, dende a fundación da bodega fomos realizando novas plantacións de viña, xa máis extensas, buscando a optimización da produción.
O sistema de condución empregado é en pérgola ou emparrado para, entre outros motivos, favorecer a ventilación dos acios. Como variedades brancas atopamos o albariño, a treixadura, a loureira branca, o godello e o torrontés; nas tintas aparecen o sousón, o espadeiro, o pedral, o caíño, o brancellao e o mencía.